Evento: Galicia Ilusiona
Galicia Ilusiona
Gran Gala Internacional ?Galicia Ilusiona?: Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta.
Todo iso, conducido pola gran Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se penetra por primeira vez no mundo da maxia.
Na gala, participarán:
Hyun Joon Kim (Corea): Primeiro Premio Mundial de Manipulación. Miles de cartas aparecen na punta dos seus dedos a un ritmo vertixinoso.
Jimmy Delp (Estados Unidos): Premio Mellor Mago Cómico. Como recentemente sacado dunha serie de debuxos animados, este mago recrea situacións totalmente insólitas.
Arno (Francia): Mellor acto de Maxia Xeral. Un dos números máis aplaudidos e premiados da historia da maxia mundial. Pura maxia que lembrarás sempre.
Huang Zheng (China): Premio Aneis Máxicos. Presenta o seu galardoado número ?Aire?, unha proposta coidada e poética, trasládanos ao mundo da maxia oriental.
Dani Polo (Galicia): Premio Ali Bongo, meigo revelación europeo 2018. A súa especialidade son as grandes ilusións. Persoas que aparecen da nada, voan ou se teletransportan, todo é posible!