Evento: Os romeiros do caracol

Os romeiros do caracol
venres, 14 outubro, 2022 - 12:30
Auditorio Municipal,
Ribeira

Os romeiros do caracol

Espectáculo de monicreques e música.

 Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de Santo Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a Santo Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en Santo Andrés. O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de Santo Andrés. Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

  • Os romeiros do caracol

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Os contos do Lobicán
17 de xuño
Casa Cultura