Evento: O Sonoro Maxín: De navallas e cumbias

O Sonoro Maxín: De navallas e cumbias
xoves, 23 xuño, 2022 - 20:30
Ribadavia,
Ribadavia

O Sonoro Maxín: De navallas e cumbias

Concerto verbena fusión rap.

Cando o chifro soa e roda a tarazana, as navallas e os coitelos abandonan os petos e os fondos dos caixóns, onde durmen. Ocupan a rúa. Procuran un novo fío. Buscan cortar de novo. Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva.
A pedra está amolando as nosas cancións, deixándoas ben xeitosas para partir polo medio a intolerancia que nos está a invadir.  Esperta o coitelo do seu soño. Saca a túa navalla preferida. Déixanos acompañarte a darlle unha tallada a esta verbena mundial na que vivimos.

  • O Sonoro Maxín - "ASÍ SE CONSTRÚE UNHA BOMBA"

Máis eventos de tipo Concerto

Conto-concerto
17 de agosto
Praza Alcalde Rojo Losada
Concerto
17 de agosto
Recinto Feiral
Cristian Silva
17 de agosto
Auditorio Municipal
THE KROWD - Trío
17 de agosto
Praza Maior de San Clodio