Evento: Zoodiakos

Zoodiakos
venres, 3 xuño, 2022 a mércores, 29 xuño, 2022
Sala de Exposicións ARGA,
A Coruña

Zoodiakos

Exposición de Carlos Pereira e Cloe Pereira.

Carlos Pereira

Licenciado en Xeografía e Historia pola Ou.N.E.D., é membro de diversas entidades culturais e científicas. Publicou máis dunha ducia de libros e preto de 200 artigos de historia, poemas ou outras temáticas.

Formou parte do grupo de gravadores "Suevia" e do grupo "Crise", presidiu ARGA, participou en encontros no Pazo de Mariñán ou nos Concellos de Brión, Culleredo, Pobra de Trives ou Maceda. Publicou textos en libros, folletos, e catálogos de exposición, sobre a obra de numerosos artistas. As súas últimas exposicións foron no Liceo de Noia (2013), Club do Mar de San Amaro (2019), con Cloe e na Sala "Lustres Rivas" de Ribeira (2021)

Cloe Pereira

Técnico Superior en ilustración pola EASD "Pablo Picasso" na Coruña. Tamén cursou estudos de deseño de moda, durante un tempo, na EASD "Mestre Mateo " de Santiago de Compostela. Alí participou nun proxecto de Deseño téxtil dun coxín con Ikea España e a citada Escola, sendo seleccionado un coxín da súa autoría para ilustrar o cartel da exposición realizada en Ikea Coruña.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura