Evento: La Kalabaza de Pippa
La Kalabaza de Pippa
Cando a principios de curso, Pippa, moito máis responsable obediente e estudosa cada día, se decata de que o motivo do temporal déficit de atención polo que atravesa é o moito que bota de menos aos seus amigos Cucurbitantes, decide facerlles unha visita, non para quedarse como en anteriores ocasións, coa intención de invitalos a coñecer a cidade da que tanto e tan ben lles vén falando en cada unha das súas viaxes.
Sorprendidos, Makao, Asmara e compañía, non tardan en ilusionarse coa que haberá de ser a súa primeira expedición ao mundo exterior de La Kalabaza e, no momento en que a nena, optimista e de boa mañá, chama ás portas de Mundokalabaza, descobre que, agás osEskalacaracoles, en plena escalada á Kalatorre de Pisa, todos oscucurbitantes, animados e contentos, a esperan alborotadamente dispostos a acompañala e preparados para vivir a que desexan e queren sexa unha tan enriquecedora como gratificante experiencia.