Evento: Circlasica: El sueño de Miliki

Circlasica: El sueño de Miliki
xoves, 6 outubro, 2022 - 18:45
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Circlasica: El sueño de Miliki

Espectáculo de circo.

Miliki é un neno de 7 anos que soña con ser pallaso. Unha noite escribe o seu desexo no Libro de todas as Viaxes. O seu poder é tan forte, que o seu mundo énchese de luz, son e cor: acróbatas, músicos e trapecistas asolagan o seu universo.

Entre todos eles destacan Don Pepito e Don José, dous personaxes requetefinos e medio chiflados que lle axudarán a conseguir o seu ansiado nariz de pallaso. Astracán e Tosca, os príncipes da anticomedia, farán todo o posible por desviar ao pequeno Miliki do seu marabilloso camiño.

Circlassica é un espectáculo circense para toda a familia que pretende axudarnos a reencontrarnos con ese neno que levamos dentro e poder compartir cos máis pequenos da casa eses momentos que marcaron a nosa infancia.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola