Evento: Celebración do día dos museos na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

  • dim_22_mpb
Celebración do día dos museos na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
mércores, 18 maio, 2022 a sábado, 21 maio, 2022
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán,
A Coruña

Celebración do día dos museos na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

O Día Internacional dos Museos, o mércores 18 de maio, as persoas que participen na visita guiada á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán das 18:00 horas recibirán como agasallo un exemplar de La Tribuna, a novela da escritora que inmortalizou as cigarreiras da cidade da Coruña. Xa na fin de semana, o sábado 21 de maio a programación especial arrincará ás 18:00 horas cunha visita dramatizada para público familiar titulada “Emilia e Rosalía, veciñas”, na que Natalia Vázquez Crespo e Judit Barreiro Vilachán interpretarán un diálogo entre Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro. Ás 21:00 haberá un segundo pase para público xeral.

A música correrá a cargo da saxofonista Sophismo e do coro da Escola Municipal de Música. A primeira ofrecerá dous pequenos concertos, de 19:45 a 20:30 horas e o segundo de 22:30 a 23:00 horas. Deseguido, o coro poralle o ramo ao Día dos Museos interpretando o “Magnificat” de Vivaldi.

A celebración completarase cun obradoiro para o público xuvenil, de 20:30 a 21:00 horas, no que se presentarán ferramentas dixitais que achegan novas oportunidades de divulgación do patrimonio museístico. Nos vindeiros días activarase ademais un cuarto de escape dixital conmemorativo do Día dos Museos no que tamén estará presente a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O máis natural
3 de xuño a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense