Evento: XXXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
XXXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
XXXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Un ano máis a Asociación Cultural Xacarandaina organiza o seu Concurso de Música Tradicional.
Esta edición terá lugar o domingo 29 de maio no Centro Cultural Ágora en horario de mañá e de tarde, dividirase en dúas modalidades:
Pandeireteiros/as
Gaiteiros/as solistas (especialidade en toque pechado)
Do mesmo xeito que nos últimos anos a modalidade de pandeireteiros/as estará dividida en catro categorías segundo a idade dos compoñentes, e a modalidade de gaiteiro/a solista será de categoría única sen límite de idade, sendo obrigatorio o uso de toque pechado nesta modalidade.
Ligazóns