Evento: A música no Circo de Artesáns
A música no Circo de Artesáns
A importancia desde o comezo do Circo pola presenza de ilustres músicos que dinamizaron a vida musical herculina.
A música era imprescindíbel para calquera actividade tanto social como cultural do Circo. Isto tiña unha proxección para o exterior como a organización dos entroidos da cidade. A música estaba presente, como ben di o nome da Sociedade, non só recreativa, senón tamén na parte instructiva coas aulas de instrumentos a cargo dos músicos do Circo para os fillos do socios. Alén diso, estes profesores era intérpretes de música de cámara de grande cualidade, como Pillado ou Castro «Chané».
Créase desde o inicio do Circo de Artesáns a Orquestra Sinfónica -a do Circo de Artesáns foi a primeira das galegas-, que aó longo do tempo aparece e desaparece, segundo as vicisitudes que pasa a Sociedade. Hai probas diso até mesmo no século XXI.
Esta conferencia-audición constitúe unha oportunidade única e especial para coñecer a fondo a brillante historia da música na cidade da Coruña, patrimonio tamén de todos os galegos e galegas.
Un excelente proxector, unha grande pantalla e o piano do Circo de Artesáns ilustrarán a exposición.