Evento: Xoel López

Xoel López
sábado, 10 setembro, 2022 - 21:00
Puerto de Fisterra,
Fisterra

Xoel López

Concerto de rock español.

Xoel López leva acariñando unha guitarra máis tempo do que el mesmo poida lembrar. A Coruña foi testemuña en 1977 do nacemento dun artista plural e libre, como lle gusta definirse, que atopa as súas raíces no pop-rock alternativo e o folk clásico.

Tras abandonar o pseudónimo Deluxe (desde 2001 ata 2008), emprendeu unha viaxe artística e vital que lle fixo chegar ata EE.UU e Latinoamérica. Durante este tempo, se reinterpretó como músico e enriqueceuse como compositor. Un proceso grazas ao que viu a luz o seu undécimo disco, Atlántico (2012).

Tres anos despois, Xoel López volveu con Paramales  (2015), que recompila e fusiona as influencias das que se nutriu toda a súa carreira para dar lugar a unha paleta de cores vivas. Unha amálgama de sensacións en forma de cancións que trasladou por centos de escenarios como o do PortAmérica ou o Náutico, nunha xira que volveu a referendar o título de ser un dos artistas SON Estrela Galicia máis representativos.

  • Xoel López - La Espina de la Flor en Tu Costado