Evento: Onoda, 10.000 noites na xungla

Onoda, 10.000 noites na xungla
venres, 6 maio, 2022 - 18:15
Numax,
Santiago de Compostela

Onoda, 10.000 noites na xungla

Proxección da película xaponesa de Arthur Harari.

Finais de 1944. Xapón está a ser derrotado na II Guerra Mundial. Ás ordes do misterioso Maior Taniguchi, o mozo tenente Hiroo Onoda é enviado a unha illa filipina pouco antes de que aconteza o desembarco estadounidense. Levando canda si un fato de soldados, Onoda comeza unha misión delirante nas profundidades da xungla, unha guerra secreta e ilusoria. O obxectivo principal: non morrer. Para o Imperio nipón, a guerra está a piques de rematar. Para Onoda, rematará 10.000 noites despois.

  • Onoda, 10.000 noites na xungla

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El extranjero
31 de maio
Filmoteca de Galicia
Sinais. Programa 1.
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Unha aproximación ao volcán
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Betzy Bromberg. Programa 1.
4 de xuño
Filmoteca de Galicia