Evento: Os tres porquiños

Os tres porquiños
domingo, 19 marzo, 2023 - 17:00
Cine Teatro Salesianos,
Vigo

Os tres porquiños

Espectáculo de teatro.

Vos tres porquiños é un espectáculo de teatro  para os máis pequenos e pequenas do que poderá gozar toda a familia. Un espectáculo cargado de monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil.

Nunha sesión de 30 minutos, os sons, as texturas e as cores captarán a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

«Vos tres porquiños» é unha proposta da compañía Migallas Teatro. En cada unha das súas obras, a compañía busca facer un teatro comprensible, crítico e entretido para todos e todas. Así mesmo, bebendo da tradición do pobo e da vida cotiá. En todo momento, cunha visión universal das situacións humanas máis próximas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Silvana Magari
23 de marzo
Pub ïcaro
Asun Serra
24 de marzo
Café Bar Triskel
Silvana Magari
24 de marzo
A Pousada da Galiza Imaxinaria