Evento: Portamérica: Lori Meyers

Portamérica: Lori Meyers
xoves, 2 xuño, 2022 - 15:00
Azucareira + Carballeira + A Tafona,
Portas

Portamérica: Lori Meyers

Concerto de pop español.

Inconformismo e serenidade. Estados de ánimo a priori incompatibles que Lori Meyers conxuga e equilibra. Viven dispostos a conquistar novos espazos sonoros sen renunciar á xenuína expresión que os converteu en referencia do pop español contemporáneo.

Lori Meyers son conscientes de que hai moito por facer, pero entenden que as solucións están ao noso alcance, na nosa man. E saben que as cancións poden acompañarnos nese proceso de transformación e de mellora.

  • Lori Meyers - Emborracharme