Evento: Os d'Abaixo

Os d'Abaixo
venres, 23 xuño, 2023 - 19:00
Teo,
Teo

Os d'Abaixo

Concerto de folk galego.

En Somos a pedra, a liña tradicional que caracteriza a Os d´Abaixo fusiónase, máis ca nunca, con aires novos de composicións propias. A mensaxe que pretenden transmitir con este traballo é a de permanencia. Ante os ataques e aldraxes que sofren a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa lingua, Os d'Abaixo pretenden permanecer firmes coma a pedra, configurada por un material tan duro que a fai quen de soportar o paso dos anos e das adversidades sen desaparecer, coidando así do que é noso.

A súa calidade, orixinalidade e espíritu festivo son a súa carta de presentación, unha banda imprescindible no Folk galego actual.

  • Os d'Abaixo "SOMOS A PEDRA"

Máis eventos de tipo Concerto

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Carlos Varela
21 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
The Lemon Twigs
22 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro