Evento: Conferencia sobre Concepción Arenal no Circo de Artesáns

Conferencia sobre Concepción Arenal no Circo de Artesáns
mércores, 6 abril, 2022 - 19:30
Sede Circo de Artesáns,
A Coruña

Conferencia sobre Concepción Arenal no Circo de Artesáns

Conferencia sobre Concepción Arenal no Circo de Artesáns

“O PENSAMENTO FEMINISTA E SOCIAL DE CONCEPCIÓN ARENAL”

Conferencia de MARÍA XOSÉ PORTEIRO GARCÍA , xornalista e escritora.

DÍA: 6 de abril de 2022 (mércores/cuarta-feira)

HORA: 19:30 horas

LOCAL: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”)

Rúa Santo André, número 36 – CORUÑA

(O acto estará presidido polo magnífico busto de Concepción Arenal realizado polo escultor Eugenio Duque y Duque (1835-1910) e que é propiedade do Circo de Artesáns.)

ACTO PÚBLICO, ABERTO A TODA A CIDADANÍA

É OBRIGATORIO O USO DUNHA MÁSCARA DURANTE O ACTO

PARA RESERVAR CHAMAR AO TELÉFONO DO CIRCO DE ARTESÁNS: 981-222976

________________________________________________________________

RESEÑA DA CONFERENCIA:

Concepción Arenal foi unha galega extraordinaria que se adiantou ao pensamento feminista peninsular do século XIX. Así o demostra a súa idea de que “a sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano”.

A cuestión feminina, a cuestión social e a cuestión penal son tres eixos arredor dos que vertebra o seu pensamento ético, feminista e humanista.

Pioneira do feminismo no seu tempo e, nun sentido amplo, dos dereitos humanos, o seu legado segue vivo, vixente e, malia todo, insuficientemente coñecido entre nós. Foi, porén, unha das figuras máis recoñecidas do seu tempo no ámbito internacional.

________________________________________________________________

MARÍA XOSÉ PORTEIRO GARCÍA (Madrid, 1952) é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, xornalista e escritora.

Viviu en Cuba até os 14 anos, cando a súa familia voltou á Galicia, onde desenvolveu a maior parte do seu traballo na comunicación, na xestión cultural e na política.

Desde 1972 traballou en prensa, radio, televisión e comunicación corporativa.

Publicou con X. A. Perozo o libro “Quen é quen non primeiro Parlamento Galego” e “Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas”.

Publicou as novelas “Covardes”, “Sándalo” e “Buscando a Clara”.

Publicou o relato “Novelas para Xulia “ no libro colectivo “Libres e Vivas” e o ensaio “Vine, ví y hablé! Las mujeres frente al discurso público”.

En 2021 publicou a reedición en castelán da novela Cobardes (Belagua) e #taméneu, de opinión feminista.

Foi concelleira en Vigo (1987/1991 e 2003/2007), parlamentaria galega (1991/1997), deputada no Congreso (2004/2007), representante das Cortes españolas na Asemblea parlamentaria do Consello de Europa (2005/2007) e Delegada de Galicia na Arxentina e no Uruguai (2007/2009).

Traballou na organización da Capitalidade cultural europea de Compostela en 2000.

Entre 2009 e 2011 dirixiu o Museo del Ferrocarril de Madrid-Delicias e foi directora de comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles.

É membro do plenario do Consello da Cultura Galega desde 2014 e directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) desde 2017.

En 2019 foi elixida adxunta á Valedoría do Pobo.

Feminista comprometida cos dereitos humanos recibiu en 2009 a Encomenda ao Mérito Civil polo seu traballo en acción exterior; en 2019, o premio Primeiro de

Maio de CC.OO. ao compromiso social e á solidariedade e en 2020, o Ernestina Otero, polo seu labor e traxectoria feministas.

María Xosé Porteiro García tivo ao longo da súa vida unha traxectoria intelectual e política caracterizada polo seu galeguismo, feminismo e progresismo.

María Xosé Porteiro nunha das súas intervencións:

https://www.youtube.com/watch?v=GJuLknlu-zc

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello