Evento: The Cunha Brothers

The Cunha Brothers
xoves, 14 abril, 2022 - 21:00
La Casa de Arriba,
Vigo

The Cunha Brothers

Concerto dos irmáns Cunha.

Este grupo está conformado por dous irmáns provenientes da cidade de Vigo, por unha banda Alberto que é músico, imitador, compositor e humorista e doutra banda o seu irmán Andrés. Alberto produce tamén música en solitario e conta con tres álbums publicados, «Agora», «Contra tempo» un disco integramente en galego e «Recordos» que é o máis recente, publicado no ano 2019.

Nestes discos o cantante versiona distintos temas por exemplo «Ne me quitte pas» de Jacques Brel. Ademais disto ambos os irmáns traballan en conxunto versionando algúns dos temas máis recoñecidos de grandes artistas como Louis Armstrong, Elvis Presley, Julio Iglesias, Raphael, Joan Manel Serrat e moitos outros máis.

Os irmáns Cunha tamén imitan en ocasións personaxes televisivos, ou distintas personalidades recoñecidas. Por exemplo a Duquesa de Alba, Boris Izaguirre, O Rey, etc. imitándoos e facéndolles referencia sempre en clave de humor.

  • A Rosalía Castro. Alberto Cunha. Escolma Aberta.

Máis eventos de tipo Concerto

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
The Lemon Twigs
22 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior