Evento: Vendima tarda

  • Treixadura 25 anos
Vendima tarda
sábado, 11 abril, 2015 - 21:00
Pazo da Cultura de Pontevedra,
Pontevedra

Vendima tarda

Treixadura celebra 25 anos na música tradicional de Galicia

Treixadura constitúe, desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Máis eventos de tipo Concerto