Evento: Coloquio sobre a gravación audiovisual Músicas inéditas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

  • Músicas inédicas
Coloquio sobre a gravación audiovisual Músicas inéditas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
mércores, 30 marzo, 2022 - 18:00
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán,
A Coruña

Coloquio sobre a gravación audiovisual Músicas inéditas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

Músicas inéditas en casas literarias

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán é o escenario dunha das propostas do proxecto “Músicas inéditas en casas literarias”, un proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego para guitarra inédito ou pouco coñecido. O fogar da escritora coruñesa acolleu a gravación das obras da compositora galega Gloria Rodríguez Gil (Vigo, 1972) interpretadas na guitarra clásica por Samuel Diz (Tui, 1986), na procura dun diálogo dende a música coa contemporaneidade do pensamento e a obra pardobazaniano. Sobre a experiencia falarán este mércores, 30 de marzo (18:00 horas), os dous artistas na propia Casa-Museo nun coloquio aberto ao público no que tamén se proxectará a creación audiovisual, dispoñible na canle de Youtube de Samuel Diz.

A conversa contará tamén con Beatriz Fontán, produtora de “Músicas inéditas en casas literarias”, e será presentada pola conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso.

Diálogo entre a música contemporánea galega e o pensamento de Pardo Bazán

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal