Evento: Nosa Señora das Nubes

Nosa Señora das Nubes
martes, 10 maio, 2022 - 21:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Nosa Señora das Nubes

Espectáculo de teatro.

Nesta peza de teatro o autor trata fundamentalmente dous temas: a memoria e o exilio. Esta peza arrinca co encontro duns exiliados nun espazo e tempo indeterminado. A partir de aí van reconstruíndo o seu pasado, lembrando os feitos que aconteceron no pobo do que son orixinarios: A nosa Señora das Nubes.

O elenco que forma esta proposta son Irene Lumbreras Peláez, Diana Cidrás Rosario, Alexandre Souto Santos, Mª Mercedes Pardavila Omil, Francisco Pernas Lorenzo, Carmen Durán Veloso, Uxía Couso Louzán, Natalia García Domínguez, Laura do Carmen Alonso López, Xulia Blanco Fernández, Rubén Ballesteros Sanjorge, Xiana García Aneiros e Lara González Garrido. A autoría desta peza é de Arístides Vargas baixo a tradución de Santiago Cortegoso. En canto á dirección conta con Salvador do Río.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Os contos do Lobicán
17 de xuño
Casa Cultura