Evento: Costureiriña bonita, de Cris Collazo
Costureiriña bonita, de Cris Collazo
Costureiriña bonita é unha peza acabada de estrear, e así aínda coa novidade de estar case saíndo do forno acompáñanos polos concellos da RDL.
Inspirada nas costureiras e modistas dos anos sesenta e de como este oficio foi evolucionando ao longo do tempo, esta acción que promove a dinamización do uso do galego desde a propia fonte de creación, a recollida oral de testemuñas reais que se dedicaron ao oficio neste tempo, así coma tantas coplas e cantos da tradición oral.
A través da confección do vestiario viaxaremos no tempo, a épocas e lugares máxicos aprendendo palabras e xestos. A manipulación de obxectos (máquina de coser, agullas xigantes, teas...) e monicreques acompañan esta historia e á nosa protagonista, Lela.
Máis eventos do ciclo FalaRedes



