Evento: Xeometría

Xeometría
domingo, 24 abril, 2022 - 18:00
Auditorio Municipal de Vigo,
Vigo

Xeometría

Espectáculo de danza.

O novo espectáculo de danza da compañía Roseland Musical toma como punto de inicio a xeometría, unha das ciencias máis antigas da humanidade. Trátase dun espectáculo infantil (recomendado a partir dos 7 anos) cun carácter hipnótico e revelador que mostra a verdadeira dimensión das figuras xeométricas e a súa relación coa danza contemporánea. Sobre o escenario, tres bailaríns representan co seu corpo as distintas figuras xeométricas.

O obxectivo da obra é crear unha especie de videoxogo escénico. Para logralo, en escena aparecen diferentes elementos audiovisuais, mapping, raios láser, vermes de luces en movemento e fantasías en 3D. Ademais, estes elementos interactúan co público para crear unha experiencia única. O triángulo, o círculo e o cadrado son os protagonistas, aos que dan forma a danza contemporánea, as acrobacias e o hip-hop. Sen dúbida un espectáculo que fará que nenas e nenos pensen que entraron nun videoxogo poético e futurista.

  • 'Geometria' - ROSELAND MUSICAL

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos