Evento: Surfing the Lérez
Surfing the Lérez
Surfing the Lérez
Concertos de numerosos artistas recoñecidos.
A décima edición do festival seguirá mantendo a súa esencia e será totalmente GRATUÍTO. Coa idea de que toda persoa que asista, doe comida non perecedoira para os máis necesitados, habilitaranse dous puntos de recollida de alimentos.
Do mesmo xeito que nas súas anteriores edicións, o festival contará con 4 escenarios, food-trucks, un mercadillo de mozos creadores e unha zona de atraccións para os máis pequenos. Ademais de ser gratuíto, o Surfing the Lérez caracterízase por ser un evento familiar, onde pais, nais e nenos, gozan xuntos do festival.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festival