Evento: Héctor Tuya

Héctor Tuya
venres, 15 abril, 2022 - 21:00
Sala Cuarenta,
Vigo

Héctor Tuya

Concerto de rock.

Hector Túa interpretará os temas do seu último disco, publicado en 2017 chamado «A caixa negra«, como todo o mundo sabe, é o que queda despois dun accidente; e no caso do artista  non é unha excepción. Este disco é o testemuño do que queda despois da vida azarosa e aventureira deste Oliver Twist da música. Non é sorte nin inspiración, senón a pegada de alguén que foi facéndose a si mesmo ao longo de todos isto anos.

O artista deu primeiros pasos musicais aos catorce anos co trío de blues The Hornyman´s, influenciado polo rock salvaxe dos anos cincuenta. Naquela época, a finais dos noventa, xa fixera algunha gravación con Pedro Bastarrica (Eolo discos) e compartía escenario con César García Miranda (César Pop) en bares solitarios e algo tristes de Oviedo.

  • ME ARRANCARÉ LOS OJOS. Héctor Tuya