Evento: Contando con viñetas

Contando con viñetas
venres, 29 abril, 2022 - 18:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Contando con viñetas

A cargo de Noemí López

Introdución breve do que é a banda deseñada e de cómo a través deste arte secuencial e usando imaxes (neste caso debuxo), efectos visuais e textos, podemos narrar unha historia.

Contarase un conto que os participantes adaptarán logo a unha serie de viñetas predeterminadas con diálogos tamén xa escritos.

Duración: 60 minutos.

Para 15 nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sin riscos, no marco da biblioteca.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiros de verán na biblioteca
2 de xuño a 19 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de encadernación cruzada
11 de xuño a 13 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mulleres, ritmo e tradición
22 de xuño
Xardín Umbrío