Evento: Orquesta Gaos con David Muñoz e Borja Quiza

Orquesta Gaos con David Muñoz e Borja Quiza
mércores, 13 abril, 2022 - 20:30
Centro Ágora,
A Coruña

Orquesta Gaos con David Muñoz e Borja Quiza

Concerto de música clásica.

O vindeiro mércores 13 de abril no Ágora da Coruña teremos a oportunidade de disfrutar das voces de dous cantantes fantásticos: o barítono Borja Quiza, cunha dilatada carreira internacional e recén chegado de actuar no Teatro Real de Madrid; e o seu mestre, o tenor Daniel Muñoz, que tras unha extensa carreira en teatros de todo o mundo adícase actualmente á formación de cantantes en Barcelona.

Será a primeira vez que ambos artistas compartan escenario con orquestra. Con motivo deste importante encontro, Borja Quiza escríbenos estas liñas:

"Este concerto é moi especial por varias razóns. Por unha banda o programa, que inclúe fundamentalmente obras novas para min. Esta elección responde ao desenvolvemento da miña voz nos últimos anos, que aumentou en volume e intensificouse na cor e no dramatismo. Isto achégame indefectiblemente ao repertorio verdián e verista, que ocupará gran parte da miña axenda non vindeiros anos, ademais de conectar especialmente co meu lado máis emocional. Outro aliciente é poder compartir escenario coa persoa que máis ten influido na miña formación vocal e na solidez da miña técnica, Daniel Muñoz, un magnífico mestre e tenor cunha extensa carreira internacional. Sen dúbida será un fito na miña vida poder cantar con el na miña cidade, dirixidos polo meu amigo e fantástico director Fernando Briones, e acompañados pola Orquesta Gaos, formación que vin nacer, crecer e converterse nun dos proxectos orquestrais privados de maior nivel do noso país".

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal