Evento: Continente María

Continente María
venres, 8 xullo, 2022 - 22:30
Auditorio Municipal de Cangas,
Cangas

Continente María

Un diálogo con María Casares.

Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.

Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.

A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas,senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos pode ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.

Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa referentes de liberdade e compromiso.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal