Evento: Casares e Casarés, a dama do teatro francés que salvagardou a memoria republicana
Casares e Casarés, a dama do teatro francés que salvagardou a memoria republicana
No marco da programación do Ano Internacional María Casares nas Bibliotecas Municipais da Coruña, terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Ágora unha charla divulgativa sobre a actriz coruñesa María Casares (A Coruña, 1922 - Alloue, Francia, 1996) a cargo da escritora e crítica teatral Inma López Silva.
Achegarémonos á figura desta gran muller, actriz destacada e personaxe pública cunha vida marcada pola súa infancia coruñesa, por se exiliada e por ser filla de Santiago Casares Quiroga e Gloria Pérez Corrales. Unha muller referente na vida social, cultural e artística da Francia do século XX, que levou sempre con orgullo e dignidade o feito de ser muller galega. Unha referente das vangardas artísticas e un exemplo de compromiso ético, político e social coa súa orixe, coas persoas refuxiadas e cos ideais da república.