Evento: Casares e Casarés, a dama do teatro francés que salvagardou a memoria republicana

Casares e Casarés, a dama do teatro francés que salvagardou a memoria republicana
martes, 29 marzo, 2022 - 19:00
Biblioteca Municipal Ágora,
A Coruña

Casares e Casarés, a dama do teatro francés que salvagardou a memoria republicana

Charla sobre María Casares.

No marco da programación do Ano Internacional María Casares nas Bibliotecas Municipais da Coruña, terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Ágora unha charla divulgativa sobre a actriz coruñesa María Casares (A Coruña, 1922 - Alloue, Francia, 1996) a cargo da escritora e crítica teatral Inma López Silva.

Achegarémonos á figura desta gran muller, actriz destacada e personaxe pública cunha vida marcada pola súa infancia coruñesa, por se exiliada e por ser filla de Santiago Casares Quiroga e Gloria Pérez Corrales. Unha muller referente na vida social, cultural e artística da Francia do século XX, que levou sempre con orgullo e dignidade o feito de ser muller galega. Unha referente das vangardas artísticas e un exemplo de compromiso ético, político e social coa súa orixe, coas persoas refuxiadas e cos ideais da república.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal