Evento: El Chapulín Solo (Manu Chao acústico)
El Chapulín Solo (Manu Chao acústico)
El Chapulín Solo (Manu Chao acústico)
Manu Chao sobe nestes concertos ao escenario coa súa guitarra en formato
acústico acompañado de Lucky Luciano (guitarra) e Miguel Rumbao
(percusión).
Manu Chao sobe nestes concertos ao escenario coa súa guitarra en formato acústico acompañado de Lucky Luciano (guitarra) e Miguel Rumbao (percusión).No seu repertorio, temas novos e temas de sempre. Músicas híbridas, froito do seu encontro entre culturas e tradicións populares. Nas súas propias palabras: “Cancións de rompe e rasca, rolas musicarias, mundos ao revés, ‘ekivokadas’ vidas, veciñas do patio e despedidas clandestinas. Rúas e máis rúas. Vodas e banquetes, enterros e malas vidas”. Sen perder nunca de vista os seus tres puntais fundamentais: alegría, loita e compromiso.
Máis eventos de tipo Concerto