Evento: Grilo + Cru

Grilo + Cru
venres, 17 febreiro, 2023 - 21:30
Sala Filomatic,
A Coruña

Grilo + Cru

Concerto de grunge e rock.

GRILO é un grupo rock en galego creado no 2018 na cidade de Compostela composto por Adrián (guitarra e voz, Miguel (batería)  e Alberte(baixo e coros). 

En novembro de 2018 publicaron Criminal, o seu primeiro sinxelo. Un trallazo de rock duro que xa deixaba ver as influencias nas que se move o grupo. Rebelión, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda situar no xerme da nova escena musical galega.

Agora presentan Dálle Lume, un esperado LP conformado por nove cancións en lingua galega e letras potentes e reivindicativas que o grupo leva aos directos dunha maneira coidada, sorprendente, impactante e con grandes doses de adrenalina como xa nos teñen afeitos/as.

Que ardan os palcos!

  • GRILO - Deixádeme