Evento: Obradoiro de 'cubixoguetes' de Entroido

Obradoiro de 'cubixoguetes' de Entroido
sábado, 26 febreiro, 2022 - 17:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Obradoiro de 'cubixoguetes' de Entroido

Obradoiro para nenos de entre 6 e 10 anos.

Este mes de febreiro, imos descubrir dun xeito diferente as figuras centrais do entroido galego. Con bloques de madeira de diferentes formas e tamaños armaremos os traxes, sombreiros e carautas dos Cigarróns e dos Xenerais da Ulla, montando divertidas personaxes para coñecer que son as pelicas, as charreteiras, as chocas, o tricornio, a mitra ou a zamarra que levan as máscaras tradicionais que nestas datas percorren as rúas de cidades e vilas como Santiago de Compostela, A Estrada, Xinzo da Limia, Verín ou Laza.

A partir das diferentes pezas e tirando de creatividade e inventiva, as nenas e nenos poderán construír cadanseu 'cubixoguete' de entroido e personalizalo coas súas cores preferidas neste obradoiro pensado para divertirse e aprender en familia na Cidade da Cultura. 

O obradoiro decorrerá na tarde do sábado 26 de febreiro de 17:00 a 18:30 horas. As entradas para participar están dispoñibles en Ataquilla e na billeteira do Museo Centro Gaiás a un prezo de 3 euros por persoa. Todas as persoas participantes (tanto nenas e nenos como adultos) deberán mercar entrada.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
campamento_castrexo
Campamento castrexo
30 de xuño a 11 de xullo
Museo do Castro de Viladonga
Campamento con monicreques
30 de xuño a 10 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola