Evento: Cadaval conta... complexo de Edipo
Cadaval conta... complexo de Edipo
Cadaval conta... complexo de Edipo
Espectáculo de teatro.
Cadaval conta... “Complexo de Edipo”, un relato mítico que xa escoitaron oito mil colombianos e tamén tres mil setecentos africanos dos que tres mil eran canarios. Probablemente o público europeo coñece mellor a versión do ribeirán que a orixinal do inmortal Sófocles.
O mito do home que mata o pai, deitase coa nai, chámalle fillos aos irmáns e agora comentado por unha taberneira dun porto galego que ademáis é a nai do monhilista Cadaval. A cociñeira desdeña o mito clásico ao tempo que dá a receita da carne asada.
Gastronomía
Épica
Alta cultura
Cotilleos
Psicoanalise
Noticias sorprendentes sobre a monarquía española
Todo en setenta e un trepidantes minutos dun monólogo Traxiridículo.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo