Evento: Melancoholemia
Melancoholemia
venres, 4 marzo, 2022 - 21:00
EME Music Club. Rúa de Alfredo Brañas,
Santiago de Compostela Melancoholemia
Espectáculo de humor.
O artista Antón Reixa presenta Melancoholemia (vida de Mamarracho), unha vídeo-performance na que reproduce imaxes editadas a través das cales vai tecendo un relato sobre o presunto personaxe, Mamarracho, tamén coñecido por Persoa. Ao personaxe fáltalle unha maneira de ser e o autor denomina ese estado como melancoholemia.
O texto é do mesmo Antón Reixa, o vídeo é unha creación do vídeoartista Antonio Segade, e utilízanse músicas do grupo Cahopou.
Reixa, nacido en Vigo en 1957 e licenciado en Filoloxía, é poeta, músico, guionista, director e produtor de cinema e televisión. Foi presidente da SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores española) e da Agrupación industrial Audiovisual de Galicia