Evento: KYOTTO
KYOTTO
KYOTTO é un artista de Vigo, Galicia coñecido na escena urbana en España e Latinoamérica.
Non se encasilla en ningún xénero concreto xa que a súa versatilidade permítelle fluír entre distintos estilos como o Indie, Reggaeton, O-Fi, R&B, etc, aínda que a maioría dos traballos que viron a luz ata a data entran no xénero do Trap ou Sad Trap.
Á temperá idade de 14 anos, o artista dá os seus primeiros pasos no mundo da música motivado pola procura de evasión e desafogo. Despois dun parón musical de 3 anos, KYOTTO regresa en 2017 co lanzamento dunha mixtape de 7 sinxelos acompañada de 6 videoclips.
En 2018, ve a luz o single My Own, single co que o artista se dá a coñecer a nivel internacional e que actualmente acumula máis de 13 millóns de reproducións en Youtube e máis de 10 millóns en Spotify. Posteriormente, KYOTTO comeza a colaborar con artistas coñecidos tanto na escena latinoamericana, como TOBI, Bizarrap e Coscu, así como na escena española, Zetazen e Moonkey.
Desde a súa habitación, o artista desenvolveu toda a súa carreira musical de forma auto-suficiente e independente, da man do seu indispensable equipo. Xuntos encárganse de levar a cabo cada videoclip e single lanzado ata a data.
O artista presentou recentemente o seu primeiro disco baixo o título ?deidade?. Un disco de 14 cancións, producidas por SUSHIKING, cunha duración de máis de 40 minutos, onde colabora con artistas como TOBI, Icey M e Kata6i, entre outros.