Evento: Cedecé
Cedecé
Cedecé
Concerto de hip- hop.
Artista sonoro nado en 1996 en Vigo. En 2008 empezou o seu camiño na música a raiz de que o seu primo ensináselle os seus traballos e motiváselle para traballar xuntos. Os seus inicios no rap foron baixo o sobrenome de Jako CDC publicando así varias maquetas. No ano 2017 decidiu darlle un xiro á súa carreira e comezar a profesionalizar a súa música, dando paso ao artista que coñecemos hoxe, Cedecé. A día de hoxe atópase traballando no seu novo álbum de estudo Hipersensible. Pasou por grandes cidades do estado, dando un show explosivo caracterizado por ser unha montaña rusa de emocións.
Ligazóns