Evento: Acceso
Acceso
Sandokan é un vendedor ambulante que ofrece diferentes produtos sobre un bus do Transantiago. Pero Sandokan está atravesado polo único relato posible para o seu corpo; o dun neno abusado, por sacerdotes e empresarios de diferente tipo, para logo ser recluído no Sename, lugar onde é violentado e corrompido irrevogablemente. El precisa vender para subsistir; aínda que para iso debe narrar e expoñer de xeito inevitable a súa biografía para poder ter acceso. Acceso a un lugar que cre e anhela merecer. Acceso presenta un gladiador urbano que rebela sinais profundos dun lugar de vida, dor e goce, acompañado dunha linguaxe lumpen, coa, delitual, atroz e poética á vez. Será a estrea europea de Acceso, coa dirección de Pablo Larraín director da mítica película NO, e con Roberto Farías, recoñecido como un dos máis grandes actores de América Latina.
Polas características da peza, o texto está creado e interpretado en 'coa', variante chilena do castelán. Polo ritmo da obra, o espectador non contará con subtítulos pero si cunha copia íntegra do texto, que poderá atopar na súa butaca, para poder seguir a peza.