Evento: I Cliclo de Novos Intérpretes

I Cliclo de Novos Intérpretes
sábado, 22 xaneiro, 2022 - 19:30
Auditorio Municipal ,
Nigrán

I Cliclo de Novos Intérpretes

Concerto da prometedora agrupación camerística 'Synthèse Quartet'.

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de xaneiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto da prometedora agrupación camerística 'Synthèse Quartet', encadrado no 'I Cliclo Novos Intérpretes' lanzado o pasado decembro desde o consistorio. A entrada, como a todos estes concertos, é de balde ata completar o aforo. O repertorio e o dossier completo da formación está pendurado na web municipal www.nigran.es.

O cuarteto de saxofóns, que suma máis de 15 galardóns nacionais e internacionais e actuacións tamén en grandes salas dentro e fora do noso país, naceu no Conservatorio Superior de Castilla y León no 2017 e está formada por músicos de Badajoz, Zaragoza e Madrid. Inspirados pola idea de “síntese” ao pensar en diferentes elementos que, ao mesturalos obteñen un resultado único, deciden comparar este símil cos integrantes e outorgarlle ese nombe á formación. Inicialmente guiados por Ángel Soria (Sigma Project) profundizan na música de cámara da man do pianista Brenno Ambrosini. Recibiron clases de prestixiosos músicos como Marcus Weiss (Trio Accanto), Marie-Bernadette Charrier (Proxima Centauri), Fukio Ensemble, Mariano García (Solista Internacional), Ramon Lazkano (compositor), Alejandro Bustamante (violinista), Alberto Rosado (pianista), Cuarteto Artemis (cuarteto de cuerda), Tim Vogler (cuarteto Vogler) ou Angelika Merkle (pianista). Actualmente están a cursar un máster de música de cámara con Marc Oliu e Brenno Ambrosini.

‘I Ciclo de Novos Talentos’

Co afán de apoiar e protexer a excelencia musical, o Concello de Nigrán pon en marcha unha serie de concertos cunha mostra das mellores novas promesas de todas as especialidades instrumentais que marcarán o devir musical e cultural nun futuro non moi afastado. Así, Nigrán pon o seu Auditorio Municipal a disposición das agrupacións de novos músicos de todos os ámbitos, formacións camerísticas e solistas, que estean matriculados no último curso de Grao Superior de calquera conservatorio de España e sexan especialmente talentosos, así como aqueles intérpretes gañadores dalgún primeiro premio nalgún concurso nacional ou internacional.

Máis eventos de tipo Concerto

Julia Villarroel
15 de maio
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3
Luar na Lubre XX. Encrucillada
17 de maio
Pazo da Cultura