Evento: Hotel Europa
Hotel Europa
Benvidos ao HOTEL EUROPA, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible.
Un berro, unha chamada na noite e unha chea de sospeitosos... Dona Remedios, dona e alma do centenario Europa, aparece morta en estrañas circustancias. A lupa porase sobre a variopinta clientela para tentar responder a pregunta: quen matou a Dona Remedios?
HOTEL EUROPA é unha comedia vodevil áxil e divertida con catro actrices que interpretarán a máis de 20 personaxes. Unha obra moi do estilo das sitcoms e cunha boa dose de intriga na que uns e outros descubriremos as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do Hotel.
HOTEL EUROPA é un espectáculo que busca reflexionar, desde a ironía e o entretemento, sobre os procesos de transformación e perda de identidade que, nos últimos anos, as vilas galegas veñen sufrindo por mor da especulación urbanística e o turismo masificado. Un proxecto que parte do propio para chegar ó de todos, do concreto ó universal, e que emprega fórmulas a medio camiño entre o vodevil, o musical, a alta comedia e o teatro convencional.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios



