Evento: Zibila e o poder das raias

Zibila e o poder das raias
sábado, 15 xaneiro, 2022 - 16:00
Numax,
Santiago de Compostela

Zibila e o poder das raias

Proxección da película francesa de Isabelle Favez.

Zibila é unha cebra adoptada por unha familia de cabalos. No seu primeiro día de escola, os seus compañeiros trátana diferente e rin dela por ter raias, pero grazas a unha gran aventura co seu amigo Carino recuperará a confianza.

Zibila ensinaranos o poder das raias, o valor da diferenza e o respecto pola propia natureza na compaña dunha escolma de curtametraxes sobre a riqueza da diversidade: Nas alturas (Tout-là haut, 2019), protagonizada por unha xirafa que ten dificultades para facer amizades; O fondant de chocolate (Coeur fondant, 2019), no que unha ratiña terá que descubrir o enorme segredo do bosque para chegar a tempo a unha festa de aniversario e O crocodilo non me dá medo (2019), cun protagonista que defenderá a súa natureza máis salvaxe.

  • Zibila e o poder das raias

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual