Evento: Fajardo + Trilitrate

Fajardo + Trilitrate
sábado, 15 xaneiro, 2022 - 21:30
Sala Kominsky,
Vigo

Fajardo + Trilitrate

Concerto do grupo canario e o grupo galego.

Fajardo este ano xa publicou dixitalmente unha colección de gravacións consecuencia de pasar máis tempo en casa? chamada A6A, pero non é só este o motivo da súa visita. Só catro días antes do concerto, o selo catalán Repetidor publicará o novo disco do músico canario. Intuición incluirá oito cancións, unha delas, a que dá título ao traballo, xa se fixo pública a través deste videoclip. Un presaxio de que o novo material estará á altura, como mínimo, de discos previos tan reivindicables e singulares como Arrullo magnético (2015).

Pero José Antonio Fajardo non comparecerá só senón que fará equipo cos galegos Trilitrate, que participaron na gravación de arranxos para o novo disco. Trilitrate é un proxecto que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á videocreación en tempo real dunha artista multimedia.

Máis eventos de tipo Concerto

French Riviera
3 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
The Blues Moonshiners
3 de maio
La Pecera
Ilegales
3 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5