Evento: A carreta pantasma

A carreta pantasma
sábado, 12 marzo, 2022 - 20:00
Casa da cultura Ramón Martínez López,
Boiro
Espectáculo de narración oral a cargo de Paula Carballeira ( Berrobambán)

A carreta pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á
 escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.

A carreta pantasma fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atopámonos sen saber onde
 ir, que facer, que pensar, porque esquecimos de máis e xa non nos recoñecemos no espello. A memoria colectiva ofrécenos identidade, e de memoria falan as tres historias
 que compoñen este espectáculo.

A carreta pantasma está baseado no filme sueco do mesmo título estrenado no ano 1921, dirixida por Victor Sjöström a partir dun relato de Selma Lagerloff,a
 primeira muller en recibir un Nobel de Literatura, sobre unha crenza popular.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grande incendio
19 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
O grande incendio
20 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
As pitas baixo a choiva
21 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra