Evento: Malvivir

Malvivir
domingo, 20 febreiro, 2022 - 19:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Malvivir

Espectáculo de teatro.

Malvivir conta en primeira persoa a vida secreta da pícara Elena de Paz, muller libre, rebelde, ladroa, enxeñosa, embustera e fuxitiva que desafía todas as convencións da súa época e paga o prezo da súa liberdade.
Malvivir é a viaxe á cara escura do Século de Ouro; un percorrido polas distintas capas sociais, escenarios e personaxes dunha época turbulenta e fascinante. Malvivir é tamén a historia do amor desgarrado e salvaxe entre Elena e Montúfar; dous pícaros miserables nunha España de esplendor e fame negra, de ilusión e engano, de fe e bruxería, de ilusión e morte.
Ay Teatro presenta unha visión traxicómica do século XVII, unha reflexión sobre a liberdade e a supervivencia e un rescate da literatura picaresca feminina do Barroco.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
8 de agosto
Parque Barosa
250813_cartel_feas
As Josefas
13 de agosto
Centro Social de Feás.
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento
Os Bolechas e o gran reto
21 de agosto
Alameda de Raxoi