Evento: Bruxa descoidada, bruxa chamuscada
Bruxa descoidada, bruxa chamuscada
Bruxa descoidada, bruxa chamuscada
Espectáculo de teatro infantil.
Nos seus fociños, diante das verrugas dos seus narices, diante dos pelos das verrugas dos seus narices... A Irmandade das bruxas do bosque de Terragrís anda revolta diante das estrañas desaparicións que están a acontecer na comarca.
Alguén ou ALGO está detrás deste misterio... De confirmarse os peores temores podería supoñer a extinción de todas as bruxas e, xa se sabe... Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!
Bruxarella, a máis intrépida integrante da Irmandade non está disposta a deixarse atacar deste xeito e, xunto coas súas máis fieis amigos, emprenderá unha minuciosa investigación. O que ela non sabe é que todo se trata dunha escura vinganza.
Ligazóns