Evento: Festiña do Apego
Festiña do Apego
Un día para celebrar o Apego no comezo do camiño de volta ás clásicas festas de final de ano.
12 h: Arrolos de salitre con Faia Díaz e Guillerme Fernández (0-3 anos) Os tres porquiños con Migallas Teatro (0-3 anos)
Dúas propostas nun mesmo espazo (reserva de entrada única). A música vai presentar Faia Díaz e Guillerme Fernández nun concerto-taller de cantos de berce onde aprenderemos melodías para arrolar con lingua, música e moito, moito apego. O conto vai poñer Bea Campos, de Migallas Teatro, co seu particular e orixinal historia sobre os tres cerditos.
17 h: Aguratrat con Pérez&Fernández (a partir de 6 anos)
Adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. Historia onde sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre as persoas maiores e o amor aos animais. Ambos os temas trátanse con delicadeza e humor apoiados nos xogos de palabras, nas tartarugas, nos maiores e nas ideas orixinais e divertidas. Aguratrat é tartaruga ao revés!
18.30 h: A fiestra dos soños cos Trotaventos (a partir de 3 anos).
Espectáculo musical para público miúdo onde os poemas convértense en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases, cambios de tonalidade? A fiestra dous soños é un proxecto non para nenos nin para persoas adultas, senón para soñadores e soñadoras.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

