Evento: Inverno literario
Inverno literario
luns, 10 xaneiro, 2022 a venres, 4 marzo, 2022
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Inverno literario
Mostra bibliográfica
Existen destacadas obras literarias nas que o inverno está presente dalgún xeito nas súas tramas como un personaxe máis, e nas que o frío, a choiva, o xeo e a neve serven de metáfora e escenario a narracións políticas, sociais ou sentimentais. Nesta mostra bibliográfica seleccionamos un conxunto de libros nos que, ben sexa pola súa temática, ilustracións ou polo momento histórico e cidade na que se desenvolven, resúltannos máis agradables para ler nesta xélida estación do ano. Imos resgardarnos na literatura!!
A mostra pode visitarse no 2º andar da biblioteca durante o horario de apertura.