Evento: Hard GZ

Hard GZ
sábado, 8 xaneiro, 2022 - 21:30
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Hard GZ

Concerto do rapero galego.

Pedro Ruibal é un rapero galego nado en Vigo en 1995. Criouse na Coruña, onde entrou en contacto co hip hop e converteuse en Hard GZ. Con 14 anos montou o seu primeiro estudo caseiro e comezou a rapear na banda Urban Style Crew, onde se rodeaba tanto de DJ's e MC's como de grafiteros. Posteriormente fundou o selo A Utopía do Norte, ao que estivo vinculado durante case dez anos.

Rapero atípico e utópico, destaca polo seu compromiso social, que se plasma non só nas súas letras (nas que abundan as referencias á vida na rúa e á loita obreira) senón tamén nos numerosos proxectos solidarios nos que se embarca.

En poucos anos converteuse nun dos artistas máis importantes do panorama hip hop, todo un fenómeno viral que, ademais, transcende o meramente sonoro.

  • HARD GZ - IMPERIUM (VIDEOCLIP) PROD. DUALY

Máis eventos de tipo Concerto

THE KROWD - Trío
22 de agosto
Rúa dos Viños
Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu
Xira 25 aniversario
23 de agosto
Praza de San Sebastián
Concerto
24 de agosto
Paseo do Malecón