Evento: Entreculturas: LAW + Carla Lourdes + Tinta

Entreculturas: LAW + Carla Lourdes + Tinta
mércores, 22 decembro, 2021 - 21:30
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Entreculturas: LAW + Carla Lourdes + Tinta

Concertos de música pop e música de cantautor.

Carla Lourdes é unha cantautora natural de Ponferrada, O Bierzo, aínda que leva anos residindo en Vigo, Galicia. Se autodenomina galega por adopción.

Comezou os seus estudos musicais á idade de 7 anos no Conservatorio Cristóbal Halffter, en Ponferrada. Alí, completou o grao elemental e parte do profesional de violín. Tamén recibiu clases de piano durante 8 anos nunha escola privada. Fai tres anos finalizou o grao 4 de canto a través dos estudos Rockschool.

Forma parte, ademais, do equipo de músicos que acompañan a Sabela Cereijo na xira do seu disco «Siguiendo el Juego», concretamente como corista.

En 2020, sae a todas as plataformas «Sinergia», unha colaboración xunto a Carmen Durán escrita e gravada durante a corentena.

Aínda que comezou a compoñer aos 15 anos, aos seus 24 anos decidiu embarcarse no seu proxecto máis persoal como cantautora.

O proxecto Sen instrucións, conformado de momento por 5 cancións de estudo e o vídeo musical dunha delas, pretende conectar coas persoas a través dunhas letras reais e unhas melodías cheas de personalidade.

Este proxecto formado por case 40 persoas, conta con Raúl Ben á produción e cun equipo de músicos brillantes destacando a José Bruno, batería de Leiva,  Fito e Andrés Calamaro, entre outros.

  • Carla Lourdes - Sin Instrucciones

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal