Evento: Mi querida Babel

  • Mi querida Babel
Mi querida Babel
domingo, 8 febreiro, 2015 - 18:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC),
Santiago de Compostela

Mi querida Babel

Presentación deste libro-obxecto do artista, cantante e compositor Juan Pablo Silvestre

La mano cornutta edita e produce este libro- obxecto a partires da canción ‘Mi querida Babel’ de Juan Pablo Silvestre. Un himno que creou coa colaboración de Eliseo Parra e que rematou converténdose na sintonía do programa de Radio Nacional de España-Radio 3 ‘Mundo Babel’ que el mesmo dirixe. As ilustracións de Ana Juan puxeron rostro de muller aos nomes de Babel e Oscar Mariné encargouse do concepto gráfico deste artefacto despregable para ver, tocar, e escoitar.

O libro contén un cd con algunhas das 80 versións que autores de diferentes xéneros e estilos musicais como Bebo Valdés, Paco Ortega ou o grupo ‘Om Off’ fixeron desta peza. O seu contido é un canto aos nomes de muller a través de todas as culturas do mundo e unha homenaxe á diversidade e á riqueza da beleza  feminina. É unha obra que busca dar resposta aos retos da lectura e ao futuro do libro na era dixital reivindicando o gusto polo papel e a lectura non lineal. Os nomes forman o texto dunha canción de búsqueda espiritual baseado na repetición e na estructura circular, un mantra enunciado desde una perspectiva laica e contemporánea. 

Julián Hernández, músico, escritor e líder de Siniestro Total falará desta peza ao público nun acto que contará ademais coa presenza do grupo vocal feminino Faltriqueira

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello