Evento: De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos

De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos
sábado, 18 decembro, 2021 - 19:00
Auditorio Municipal,
Chantada

De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos

No concerto A Quenlla interpretará as dez cantigas do trobador Martín de Padrozelos, recollidas nos Cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional de Lisboa.

A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) realiza en Centros de Ensino das catro provincias galegas a Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos” para divulgar e dar a coñecer á mocidade as dez cantigas do trobador Martín de Padrozelos, recollidas nos Cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional de Lisboa. A exposición vai acompañada dun concerto do grupo A Quenlla.

Segundo os investigadores, Dulce Fernández Graña e Xulio Pardo de Neira, Martín de Padrozelos foi dos primeiros trobadores da lírica galega, naceu na segunda metade do século XI e morreu a principios do século XII. O seu nome era Martín Pérez, de Praducelo, e viviu na parroquia de San Xoán de Lóuzara (Samos-Lugo), onde perdura unha casa co seu nome. É autor das primeiras cantigas da lírica galega, nove delas de amigo e unha de amor, vinculadas ao Camiño de Santiago.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
3 de agosto
Praza Alcalde Rojo Losada
Concerto
3 de agosto
Rúa do Mercado
Lilicleta Discomóbil
3 de agosto
Auditorio O Aguillón
THE KROWD - Trío
5 de agosto
Praza do Concello