Evento: Dorothé na vila
Dorothé na vila
Dorothé na vila
Proxección da película de Alejandro Gándara e Olaia Tubío.
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na busca de cancións tradicionais que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país hoxe en día depositadas no APOI – Museo do Pobo Galego. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tras os pasos de Schubarth para encontrar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida.
Ligazóns